Chamamento á veciñanda do Salnés a participar na gran manifestación en defensa da sanidade do día 12

VILAGARCÍA> A plataforma en defensa da sanidade pública do Salnés fai un chamamento a participar na manifestación a prol da atención primaria do vindeiro día 12. A marcha terá lugar en Santiago e servirá tamén de apoio da iniciativa lexislativa popular que se vai presentar no Parlamento Galego e que só nesta comarca conseguiu 10.000 sinaturas. Dende O Salnés fretaranse autobuses dende distintos municipios, como O Grove, Meis ou Ribadumia.

SOS Sanidade Pública O Salnés volve saca-la súa pancarta coa vista posta na gran manifestación do vindeiro día 12 en Santiago. A plataforma convida a toda a veciñanza a que se sume a esta marcha, para visibilizar na rúa de novo a defensa dunha atención primaria de calidade. Unha mobilización que servirá tamén de apoio á iniciativa lexislativa popular que van prresentar no parlemento galego, tamén en defensa da atención primaria.

A iniciativa lexislativa popular conta só na comarca do Salnés con 10.000 apoios. Dende a plataforma defenden que o documento non só denuncia a precaria situación actual da atención primaria, senón que tamén pon solucións sobre a mesa.

Esas solucións, di Ribadomar, pasan pola mellora das condicións laborais do persoal sanitario.

Varios concellos do Salnés anunciaron xa que van fretar autobuses para que os seus veciños poidan acudi-lo vindeiro día 12 á manifestación de Santiago. Agardan que o resto de concellos da comarca se sumen e acaben tamén ofrecendo os seus veciños o servizo de autobús para poder manifestarse pola capital en defensa da sanidade pública.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí