RIBEIRA> Seguimento desigual no Barbanza durante a xornada de paro convocada pola plataforma galega de hostalería. Mentres en Ribeira pecharon case a totalidade dos bares e restaurantes, noutros concellos como A Pobra apenas se notou a incidencia.
O paro, convocado pola plataforma galega de hostalería que integra a unha trintena de asociacións, tivo un seguimento desigual por concellos. En Ribeira case dun cen por cento mentres que na Pobra ou Boiro foron menos os locais que secundaron o paro.
O obxectivo deste peche é facer visible unha situación case insostible para a hostalería. O sector, xa moi tocado polas consecuencias da pandemia, leva meses facendo fronte a unha escalada de prezos que está a deixar a moitos negocios ó borde do peche.
Tralo éxito desta convocatoria, dende o sector non descartan promover novas medidas de protesta en colaboración co pequeno comercio e coa cidadanía.