VILAGARCIA> A xunta dá a razón ao concello de Vilagarcía e a empresa que xestiona a ampliación do parque eólico de Xiabre deberá modificar o seu proxecto. O informe da administración autonómica sinala que a localización escollida para os novas torres causaría un impacto paisaxístico no miradoiro de Xiabre. O concello celebra esta decisión e xa traballa na construción dun novo miradoiro ao redor da Cruz Do Xiabre.
O concello de Vilagarcía presentou alegacións contra a ampliación do parque eólico que a empresa Engasa Xiabre quería facer no monte vilagarcián. Dende o concello sinalaban que as novas torres estarían situadas moi preto dos miradoiros provocando un impacto paisaxístico na zona. As súas alegacións foron estudiadas e a administración autonómica dá a razón ao goberno vilagarcián.
Dende o concello celebran esta decisión polo impacto paisaxístico que as torres terían nos seus miradoiros, matizando que non están en contra do aumento do parque eólico.
Os novas torres afectarían directamente ao novo miradoiro que o concello de Vilagarcía quere crear ao redor da Cruz do Xiabre. Un proxecto que comezará nas vindeiras semana buscando causar o menor impacto medioambiental na zona.
O investimento que o concello de Vilagarcía destinará para este miradoiro é de 51 mil euros. O proxecto inclúa ademais a creación e renovación das rutas de sendeirismo.