VILAGARCÍA> O punto lila estará dispoñible en Vilagarcía as noites do 15 e do 22 de agosto. Co obxectivo de facer unhas festas inclusivas e sociais, baixo o lema “Diversa e orgullosa”, o concello celebrará unha sesión vermú da xornada LGTBI+ o día 17 deste mes.
A área de igualdade do Concello de Vilagarcía estará moi presente na programación das festas de San Roque. Co obxectivo de facer unhas festas inclusivas e sociais realizaranse numerosas actividades para tódalas persoas. Tamén para loitar contra as agresións sexuais o punto lila volverá a estar presente, este ano as noites dos día 15 e 22.
O punto lila estará integrado por axentes de igualdade. Terá como obxectivos informar e asesorar as mulleres, así como de atendelas se ten lugar algunha agresión. Pero tamén estará orientada á poboación masculina.
A noite da Festa da Auga, o punto lila estará situado na praza do auditorio dende as 12 da noite ata as 10 da mañá. A noite do 22 o punto lila estará aberto dende as 12 ata as 4 da mañá pero antes se porá un punto de información preto do concerto.
A área de igualdade tamén levará a cabo actividades a favor da diversidade sexual. Baixo o leva “Vilagarcía diversa e orgullosa” o concello celebrará unha sesión vermú LGTBI+.
Con estas accións a área de igualdade quere mostrar que tódalas persoas poden gozar das festas de Vilagarcía e que hai que convivir respectando a diversidade.