“Ou tomamos medidas ou vémonos nos tanatorios”, Durán pide restricións en toda a comarca do Salnés

VILANOVA> O Sergas amplía as medidas de restricións ao concello de Vilanova. A vila pasa nunha xornada de 7 a 20 positivos. O alcalde pide á consellería que amplíe as restricións a todo o Salnés e á cidadanía que esqueza o ocio e se autoconfine.

As alarmas acéndense en toda a comarca do Salnés. Ás restricións impostas no concello de Vilagarcía súmase agora o concello de Vilanova. A vila pasa nas últimas 24 horas de 7 a 20 positivos. Para o alcalde vilanovés as medidas son necesarias e incluso insuficientes, por elo solicita que se impoñan en toda a comarca.

A comarca atravesa o peor momento dende que comezou a pandemia, por elo o alcalde pide a xente que aumente as medidas de proteccións, que esqueza o ocio e se autoconfine.

Dada a situación actual o rexedor vilanovés advirte que endurecerán os controis.

O alcalde de Vilanova recomenda ter especial coidado coas visitas a xente maior. Gonzalo Durán tamén advirte á cidadanía que todo o que pase a partir de agora é responsabilidade de cada un de nós, e que se non respectamos as medidas seremos os culpables da expansión da enfermidade e das súas consecuencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí