A Xunta destinará 2,7 millóns para os autónomos que reduciron a súa facturación máis dun 70%

VILAGARCIA> A Xunta de Galicia destinará 2,7 millóns de euros para os autónomos cuxa facturación descendeu por riba do 70% neste último ano. Cada persoa poderá optar a unha subvención de entre 1 e 12 mil euros dependen a súa situación. A conselleira o anunciou no ForoFeira2022 celebrado por Agtamar-Upta en Vilagarcía e que tiña como protagonistas a un dos sectores máis afectados, os feirantes.

Agtamar upta celebrou en Vilagarcía o ForoFeira 2022. Unha cita organizada para dar voz a un dos colectivos que máis sufriu e aínda está a sufrir as consecuencias da pandemia, os feirantes. O foro contou coa ponencia da conselleira de traballao, que aproveitou a ocasión para anunciar unha nova liña de axudas destinadas aos autónomos que viron reducida a súa facturación nun amplo porcentaxe.

De agtamar upta celebran esta liña de axudas anunciada pola xunta. Pero o obxectivo do ForoFeira2022 máis alá, súa celebración está pensada para responder a todas as dúbidas que teñen os feirantes polo seu futuro laboral.

O alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp agradeceu tamén a realización do foro para coñecer as necesidades do sector e poder axudar a que recuperen a súa actividade profesional.

As administracións son prudentes á hora de falar da recuperación das festas e das feiras. Aínda así, advirten que coa mellora da situación sanitaria os seus traballos pasan por recuperar a normalidade e a celebración dos festexos, o que suporía unha oportunidade para o sector dos feirantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí