Non prospera a cuestión de confiaza en Outes

OUTES> Finalmente e tal e como se agardaba, non saíu adiante a cuestión de confianza en Outes. O grupo de goberno, formado en minoría polos edís de Compromiso por Outes quedáronse sós. PP, BNG e Partido Socialista votaron en contra no pleno extraordinario celebrado onte pola noite.

A cuestión de confianza foi presentada vinculada á aprobación dos orzamentos municipais para este ano. Polo que as contas quedaron tamén sen aprobar.

Ábrese agora un período dun mes para presentar unha moción de censura. Algo que visto o visto, antóllase bastante improbable.

Os grupos teñen a posibilidade de presentar agora unha candidatura alternativa e un presuposto. De non ser así, o orzamento do actual goberno municipal será aprobado de xeito automático ó rematar o prazo establecido por Lei.