NOIA> Noia acolle este domingo a décima edición de BTT Ría de Noia que, polo momento, xa conta con máis de 300 inscritos. A proba inclúe dúas distancias, de 25 e 45 quilómetros, que percorren parte do trazado do Camiño Portus Apostoli.
Máis de 300 competidores daranse cita na décima edición da BTT Ría de Noia que se celebrará este domingo. Sairá ás nove da mañá da explanada de Labarta.
Haberá dúas distancias: unha de 25 quilómetros, máis asequible, e outra de 45 para os máis experimentados.Os dous percorridos discorrerán por encraves naturais de gran beleza e parte do trazado do Camiño Portus Apostoli
Ó remate da proba os participantes disfrutará dun xantar na carpa instalada na zona de Labarta. Os interesados en participar aínda están a tempo de inscribirse a través da web galitiming.es ata o mércores a medianoite.











