Noia recupera a Feira Medieval por todo o alto

NOIA> Noia volveu esta fin de semana ó Medievo. A celebración da Feira Medieval, tras dous anos de ausencia, rexistrou un cheo total na vila que levaba dous anos agardando para recuperar unha das súas tradicións máis arraigadas.

Había ganas de Feira medieval e iso deixouse sentir na gran afluencia de visitantes que se achegaron ata Noia esta fin de semana. Pasear polo casco vello supuxo un auténtico retorno á Idade Media coas rúas engalanadas, os postos do mercado e os visitantes ataviados coas súas mellores galas para a ocasión.

Destacou este ano a calidade dos espectáculos de rúa e dos troneos de cabaleiros que esperaton a emoción dos noieses máis afeccionados.

O broche de ouro correu a cargo da obra de teatro Portus Apostoli e do espectáculo pirotécnico e musical  Suaren Bataila.