3,5 hectáreas de monte arrasadas por un incendio en Cuntis

CUNTIS> Un incendio devastou a madrugada do domingo 3,5 hectáreas na parroquia de Santa María de Troáns, en Cuntis. A actuación dos Servizo Municipal e dos efectivos de extinción de incendios do Medio Rural evitaron que as lapas chegaran á hípica A Luaira. O lume durou máis de 5 horas.

A madruga do domingo, os servizos do 112 recibiron un aviso de emerxencia por un incendio en Santa María de Troáns en Cuntis. O lume que comezou nos montes de Sobrada, San Clemente e Vilameán tiña un tamaño considerable cando chegaron os servizos de emerxencia e de extinción de incendios. A prioridade foi evitar que as lapas chegaran á hípica A Luaira

Dende A Luaira alertaron aos servizos de que non poderían evacuar aos animais en pouco tempo.

Para extinguir o lume foi necesario a participación de máis de 20 persoas con diferentes medios.

As causas do incendio aínda se descoñecen pero dende Protección Civil sospeitan que foi intencionado.

Dende o servizo de emerxencias mostran a súa preocupación porque o número de incendios neeste ano sexa superior ó do anterior.