O rei emérito xa está en Sanxenxo para gozar da vela cunha axenda ‘tranquila e caseira’

SANXENXO> O rei emérito xa está en Sanxenxo. Don Juan Carlos chegou esta tarde e hospedarase durante a fin de semana na casa do presidente do real club náutico de Sanxenxo Pedro Campos. O sanxenxino sinalou que a axenda do monarca será tranquila e caseira e que están pendentes do seu estado de saúde para valorar se poderá ou non competir durante o campionato de España de vela.

O rei emérito xa está en Sanxenxo. Don Juan Carlos chegou ao redor das 6 e media da tarde ao aeroporto de Vigo e a continuación se desprazou á vila do Salnés. O monarca residirá na casa do presidente do Real Club Naútico de Sanxenxo, Pedro Campos. O sanxexino sinalan que a axenda do rei para estas datas será moi tranquila.

O rei emérito estará mañá presente na apertura do campionato de España de vela da clase 6 metros. A súa participación na regata no seu barco bribón queda pendente das condicións meteorolóxicas e do seu estado de saúde.

Ademais do rei, tamén visitará Sanxenxo a infanta Elena. Dende o club mostra a súa ledicia de que Don Juan Carlos elixise Sanxenxo para volver a España.

Dende o club agardan que a visita do emérito non sexa a única deste ano. Xa que en xuño, Sanxenxo acollerá o campionato do mundo de vela.

No caso de que o rei non poida competir, seguirá a regata dende o mar. Unha regata na que o Bribón actualmente é o líder e vixente campión da Copa de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí