O BNG de Boiro levará a pleno as demandas dos veciños da Boliña

BOIRO> O BNG de Boiro levará ó próximo pleno unha moción solicitando unha serie de melloras no lugar da Boliña. Demandan, entre outras medidas, unha maior seguridade viaria e un servizo máis eficiente da recollida do lixo.

As demandas recollidas na moción que os nacionalistas levarán ó próximo pleno son froito das xuntanzas veciñais que se veñen de retomar co encontro desenvolvido na Boliña e que terán continuidade por tódalas parroquias do municipio.

Entre as principais necesidades deste núcleo, o BNG propón o deseño dun plan urbanístico que respecte a idiosincrasia do lugar e o acondicionamento de elementos singulares como pontes e lavadoiros.  A seguridade viaria e a mellora no servizo de recollida do lixo son outros dos puntos demandados polos nacionalistas.

Piden ademais que se proceda á finalización do paseo fluvial do río Breiro así como á limpeza e acondicionamento do rego do Breiro así como unha serie de melloras nos accesos á área deportiva de Vista Alegre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí