RIBEIRA> A colaboración entre o concello de Ribeira e a UAD permitiu a instalación dun fermoso belén móbil na parroquia de Aguiño. Os voluntarios da Unidade de Atención á Drogodependencia foron os encargados de montar o nacemento cedido por un veciño da localidade.
Un ano máis, o labor desinteresado de Miguel Abraldes fixo posible que Aguiño conte cun belén de primeiro nivel. O nacemento instalado no adro da igrexa conta cun máis dun cento de figuras, sesenta delas móbiles.
Os usuarios da UAD foron os encargados da montaxe das figuras á que Miguel lles dá vida con movementos moi precisos e sincrónicos como o do leñador cortando a madeira.
Este espectacular resultado é froito das moitas horas de traballo que Miguel dedica á súa afección iniciada xa dende hai anos cando comezou a montar o nacemento na súa casa.
Aqueles que aínda non se achegaran a ver este fermoso Belen aínda teñen oportunidade de facelo posto que permanecerá montado no adro da igrexa de Aguiño ata o 7 de xaneiro.