A Pobra presenta a súa programación cultural para este verán

POBRA> Máis dunha ducia de actividades. Todas elas de balde, e na maioría dos casos destinadas a un público familiar. Esta é, a grandes trazos, a programación deseñada pola concellería de Cultura da Pobra para estes meses de verán: xullo e agosto.

A maioría das actividades realizaranse ó aire libre, aproveitando o bo tempo, contra última hora da tarde.

A programación completa pode consultarse na páxina web ou a través das redes sociais do Concello. Para a organización das actividades, o concello da Pobra conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e a acción ‘Cultura no Camiño’ da Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí