A Pobra segue á espera dunha rebaixa no nivel de restricións

A POBRA> Na Pobra continúan á espera da decisión do Comité Clínico, que na súa reunión de hoxe, tiña previsto abordar tamén unha posible rebaixa no nivel de restricións neste municipio. Hoxe o número de casos diagnosticados a 14 días sitúase nos 20, mentres que a 7 días, os datos son aínda mellores, cunha incidencia acumulada de entre 25 e 75 casos por cada cen mil habitantes.

Dende a Pobra agardan a un cambio de postura por parte do Comité Clínico que permita que o municipio baixe de nivel de restricións, actualmente atópase no máximo, con peche perimetral. Segundo o alcalde, os datos de incidencia situaríanos no nivel de restrición media-baixa.

Para o executivo esta rebaixa no nivel de restricións permitiría recuperar parte da actividade económica e comercial que se tiña hai uns mes, e que afecta especialmente ó sector da hostalaría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí