RIBEIRA> O concello de Ribeira rendeu unha homenaxe ó colectivo de Protección Civil polo seu labor desinteresado de servizo público. Con este acto pretenden recoñecer, non só a súa implicación durante a pandemia, senón tamén o traballo cotiá co que facilitan o día a día dos veciños.
Nun momento crítico e cheo de incertezas, coincidindo cos inicios da pandemia, os voluntarios de Protección Civil asumiron a difícil tarefa de garantir o benestar de tódolos cidadáns.
O concello quixo con este acto recoñecer o seu labor imprescindible, non só ten tempos de covid, senón no día a día da vida municipal.
Os voluntarios recibiron unha medalla e un diploma conmemorativo en recoñecemento ó seu inestimable traballo, non remunerado e en beneficio dos demais.