Vilagarcía reforma e amplía as rúas Centro e Souto de Arriba de Castrogudín

VILAGARCÍA> Vilagarcía remata as obras de mellora das rúas Centro e Souto de arriba. A reforma permitiu ampliar ambas estradas e renovar un muro de carga, ademais de xerar un novo espazo de esparexemento para a veciñanza. Aproveitando a fin da obra, o concello anunciou que renovará a fonte da para da aldea.

A asociación de veciños e a comunidade de montes de Castrogudín xunto co concello colaboraron para reformar as rúas Centro e Souto de Arriba. As dúas asociacións encargáronse de mercar un terreo que había entre ambas rúas para cederllo ao concello e que puidese realizar a reforma e ancheamento de ambas estradas.

A obra permitiu anchear as estradas, reformar o muro de carga e crear unha zona de esparexemento.

Os veciños mostráronse contentos co resultado da reforma.

Aproveitando a visita, dende o concello tamén anunciaron que nas vindeiras datas reformarase a fonte da praza de Castrogudín.

Tralo remate da obra de reforma, o concello ten agora pendente a dotación de material urbano e a creación dunha pequena praza na zona de esparexemento. Un proxecto que se levará a cabo coa coordinación de diferentes departamentos municipais. Nesta zona ademais, o concello restaurará o pozo da antiga vivenda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí