Vilagarcía mobiliza máis de 50.000 euros na economía local cos bonos Son da Casa

VILAGARCÍA> O programa Son da Casa, de Vilagarcía, terá unha nova edición na campaña de Nadal. Goberno local, hostaleiros e comerciantes están moi satisfeitos co balance desta iniciativa, que se presentou como un balón de osíxeno para os sectores trala crise sanitaria da COVID-19. Ata o de agora, vendéronse o 70% dos máis de 3.700 packs de abonos ofertados, e xa mobilizaron máis de 50.000 euros en compras.

A campaña coa que o concello de Vilagarcía quixo paliar os efectos da crise económica derivada do coronavirus deixa bo sabor de boca tanto en Ravella como en hostaleiros e comerciantes. Os bonos Son da Casa para gastar nos negocios locais xa mobilizaron máis de 50.000 euros entre os 180 establecementos participantes.

Dos 3.750 packs de bonos que se puxeron en circulación, vendeuse o 70%. O comprador gastaba 20 euros, e adquiría uns vales por valor de 30 para mercar no comercio de proximidade.

Todas as partes están satisfeitas con esta iniciativa. Tanto que contan con que os bonos de Son da Casa volvan para animar a campaña de Nadal.

Comerciantes e goberno local tamén destacaron que a campaña Son da Casa está a ser un impulso cara a dixitalización dos establecementos que aínda non se adentraran no comercio online.