A ILLA> A pizzaría salva realiza un sorteo por una sonrrisa infinita. Así é o nome da ONG á que irá destinado todo o recadado. Coas rifas poderase optar a un premio composto por un coche, unha moto, unha bicicleta e un patinete. O obxectivo da ONG é loitar contra as enfermidades raras.
Por una Sonrisa Infinta é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en Vilagarcía de Arousa a comezos de este ano. A organización ten como obxectivo loitar contra as enfermidades raras. Para axudar a despega á asociación a Pizzería Salva da Illa de Arousa realiza un sorteo cuns premios destacados como unha moto ou un coche.
Os impostos derivados do premio serán cubertos tamén pola organizadora do sorteo. Todo o recadado irá destinado á asociación. Os fondos son empregados para axudar ás persoas con enfermidades raras pero tamén ás súas familias, á hora de trasladarse a Madrid ou Barcelona que é onde se soen tratar estas enfermidades.
Os comezos están sendo complicados para a asociación á hora de buscar colaboradores. Por iso é vital o apoio da Pizzería Salva.
As rifas poden mercarse a través da páxina web e das redes sociais da asociación. Tamén poden utilizarse estas canles para aquelas persoas ou empresas interesadas en colaborar coa organización. Por una sonrisa Infinita afronta o futuro coa esperanza de poder chegar e axudar a maior número posible de persoas.