Portos protexe do vento aos barcos do Xufre coa intalacións de paneis nos propios pantaláns

A ILLA> A Xunta inviste 100 mil euros nun proxecto piloto para protexer do vento ás embarcacións do Porto do Xufre. A iniciativa, levada a cabo coa Universidade da Coruña, consiste na instalación de diques flotantes que permitan reducir a velocidade do vento para evitar danos nos barcos pesqueiros. Os estudos levaranse a cabo ata principios do ano que ven e se son favorables, os diques instalaranse noutros portos.

Para evitar danos na embarcacións por culpa das fortes mareas, a Xunta instalou muros de contención á entrada do Porto do Xufre para protexer aos barcos. Unha medida que funcionou pero que agora a Xunta quere mellorar. Xa que a pesar de frear ao mar, os barcos víanse afectados polas fortes rachas de vento. Para incrementar a protección, Portos de Galicia xunto coa universidade da Coruña instalaron uns paneis flotantes nunha das pasarelas do porto da Illa.

O proxecto ten un custo de 100 mil euros. Os paneis instálanse sobre os pantaláns e permiten aumentar a protección das embarcacións.

O obxectivo é que os paneis freen o vento e así evitar que os barcos se balanceen e reciban danos.

O proxecto estará a probas na Illa ata principios do ano que ven. Se os paneis funcionan, a iniciativa levarase a cabo no resto de pantaláns do porto do Xufre e noutros portos de Galicia.