LOUSAME> A Xunta de Galicia acometerá as obras de mellora do firme na estrada Ac-308 ó seu paso por Lousame. A Consellería de infraestruturas prevé iniciar os traballos na primavera co fin de rematalas antes de que remate 2023.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas: unha delas, a AC 308 ó seu paso polo concello de Lousame. A obra contempla a realización de fresados localizados nos treitos de actuación. Unha actuación necesaria pero que a alcaldesa de Lousame considera insuficiente.
Teresa Villaverde fai un chamamento ás administracións provincial e autonómica para investir no rural e impulsar obras tan necesaria como a nova depuradora, que permanece á espera do informe sectorial de Augas de Galicia.
Nesta liña de colaboración entre administracións, o concello vén de asinar un convenio con Medio Rural para a mellora da estrada dende o cruce de Silva Redonda ata a Mina de San Finx.