Caldas desenvolverá varias reformas cun orzamento de 1,5 millóns de euros coas axudas da Deputación de Pontevedra

CALDAS> Caldas aposta pola “revolución urbana”. Así cualificou o alcalde os diferentes proxectos desenvolvidos e proxectados para a vila. Xunto coa deputación de Pontevedra, ambas administracións inauguraron a reforma de saneamento realizada na rúa real. Este proxecto xunto cos que se desenvolverán na contorna do río Bermaña e no Camiño Real terán unha financiación de 1,5 millóns de euros, cuxas aportacións serán realizadas na súa maioría pola Deputación de Pontevedra.

O concello de Caldas, a través das diferentes liñas de axuda da Deputación de Pontevedra, desenvolverá diferentes proxectos para realizar melloras urbanas na vila. O primeiro deles, de feito xa está rematado, ambas administración inauguraron a reforma da Rúa Real.

A reforma permitiu mellorar o servizos de saneamento da zona.

A obra tivo un custo de máis de 300 mil euros, dos cales 265 mil foron aportados pola Deputación de Pontevedra. Un proxecto que non será o único no que colabore a administración local en Caldas. Xa que a administración a través do Plan Concellos e do Reacpon aportará máis de 500 mil euros nas reformas da contorna do río Bermaña e do Camiño Real.

Ademais da Deputación tamén participan nos diferentes proxectos o concello e o goberno central. Dende a vila cualifican estas obras como revolución urbana.

Na renovada rúa Real ademais crearase unha escultura dunha peregrina. Unha obra en madeira que porá en valor a importancia do camiño para Caldas así como tamén un recoñecemento ás mulleres que realizan a ruta xacobea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí