VILANOVA> Vilanova recibe estes días a máis de 2000 mil peregrinos. Os visitantes proveñen doutras comunidades autónomas como Andalucía, Murcia ou Castela e León. Dende o concello sinalan que é un ano récord en tránsito de peregrinos.
Cantando, gozando pero sobre todo camiñando. Así chegaron a Vilanova máis de 1100 peregrinos que proveñen do leste de Andalucía e de Murcia. A expedición viaxou a Poio onde comezou o camiño de Santiago, facendo escala este luns no concello vilanovés.
A maioría da expedición son mozos de entre 15 e 30 anos. Afirman estar encantados coa variante Espiritual e a comarca do Salnés.
Estes mil cen peregrinos únense a outro grupo de máis de 700 visitantes que proviñan de Castela e León. Dende o concello sinalan que o ano Xacobeo está sendo de récord.
Dende a xunta tamén sinalan que o bo traballo realizado converteu ás rutas xacobeas do Salnés en referentes.
Os peregrinos quedaranse en Vilanova estes días a coñecer a vila e a realizar diferentes actividades. Viaxarán a Santiago polo mar a través da ruta de mar de Santiago que une Vilanova con Pontecesures.