A AAVV de Faxilde denuncia as continuas roturas de tubaxes e cortes de auga que están sufrindo

VILAGARCIA> A asociación de veciños de Faxilde denuncia que están a sufrir numerosas roturas de tubaxes. Segundo indica a súa presidenta, no último mes xa rexistraron incidencias en cinco rúas. As roturas obrigan a cortar a auga o que está afectado continuamente á veciñanza. Piden ao concello de Vilagarcía que renove o sistema de tubaxes da zona.

A alegría pola reforma da rúa Sobrán durou pouco no barrio de Faxilde, en Vilagarcía. Uns metros máis adiante do lugar das obras, as tubaxes comezan a romper en varias rúas. Segundo indica a presidenta da Asociación de veciños, levan un mes con incidencias constantes.

A paciencia rematouse este fin de semana tras rexistrar ata cinco roturas na rúa Canto.

As continuas roturas están afectando aos veciños da zona que se están vendo continuamente sen subministro de auga.

Precisamente esa é a petición que lle trasladan ao concello, que mude todas as tubaxes da zona.

Dende a Asociación de veciño de Faxilde xa mandaron un escrito ao alcalde para manter unha reunión con el. No encontro, ademais de reclamarlle que arranxe as tubaxes tamén lle queren trasladar outras cuestión como melloras de mantemento na zona, xa que segundo sinalan a maleza está moi alta e descoidada por toda o barrio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí