Pasos de peóns para promover a igualdade de xénero

POBRA> A concellería de Igualdade promove dúas accións enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero que teñen coma principal obxectivo sensibilizar á veciñanza contra esta lacra.

A primeira das propostas garda relación co pintado de frases alusivas a algunhas das violencias exercidas contra a muller en varios pasos peonís do casco urbano.

A outra das accións consiste no impreso de dípticos que permiten facer un test rápido de autodiagnose de se unha muller está a ser vítima de violencia de xénero.

Durante a comparecencia ante os medios, a titular de igualdade informou de que na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional se constatou da existencia dun total de  17 casos activos de violencia de xénero na localidade.