NOIA> Entre os artistas invitados nesta edición destacan Quadrant, Antonio Lizana e o grupo Patrax.
O NoiaJazz é xa un dos festivais habituais na programación de verán da concellería de Cultura. E este ano tampouco podía faltar. O festival desenvolverase do 11 ó 13 de agosto, e os concertos terán lugar ás nove e media da noite na praza da Constitución.
Un ano máis dirixindo o festival estará o músico local, Kin García, verdadeiro alma mater do NoiaJazz. El foi o encargado de escoller ós artistas convidados deste ano, cunha mestura de artistas galegos e outros chegados de fóra, que lle darán un carácter máis internacional.
Destaca a presenza do artista Antonio Lizana.
Unha das novidades deste ano será unha masterclass de improvisación a cargo do músico
Baldo Martínez, un dos artistas de jazz máis recoñecidos a nivel nacional. Terá lugar o venres ás doce da mañá no coliseo Noela. e para asistir si que cómpre facer reserva, que poderá realizarse a través do propio departamento de Cultura.