VILAGARCÍA> Manuela Carmena, Ledicia Costas, Diego Ameixeiras ou Manuel Jabois son algúns dos nomes propios que participarán na Cidade de Libro de Vilagarcía. O evento busca converter á vila na capital do libro, entre o 13 e 19 de xuño, cunha chea de propostas. Nesta segunda edición, a cita contará cunha xornada íntegra dedicada á poesía, na que participará o autor arousán Xurxo Alonso.
Vilagarcía converterase, de novo, nunha Cidade de Libro. Entre o 13 e 19 de xuño, a praza da Segunda República converterase nun fervedoiro literario, con casetas, presentacións, visitas de autores e moitas actividades paralelas. Un evento, entende o alcalde, convertido xa nunha referencia cultural en tan só dúas edicións.
A cita contará con xornadas dedicadas á literatura emocional, á novela negra ou á mocidade. Manuela Carmena, Ledicia Costas, Diego Ameixeiras ou Manuel Jabois son algúns dos nomes propios que participarán na Cidade de Libro de Vilagarcía.
Este ano, o evento contará tamén cunha xornada dedicada en exclusiva á poesía. Ademais, con acento arousán. Na cita renderase homenaxe a Domingo Villar, autor recentemente falecido.









