RIBEIRA> A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe acompañada do alcalde, Manuel Ruíz, e outros membros do goberno local, o campo de voluntariado ‘Dunas de Corrubedo’ que se desenvolve no Parque Natural. Nel están a tomar parte un grupo duns 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que están a realizar diversos traballos ambientais e labores de mantemento en espazos naturais da zona, principalmente no propio Parque Natural e nas lagoas de Carregal e Vixán.
Tanto o alcalde como a propia directora xeral de Xuventude destacaron a importante dimensión cultural, medioambiental e internacional deste campo de voluntariado.
O campo de traballo ‘Dunas de Corrubedo’ iniciouse o pasado 6 de agosto e terá continuidade ata o vindeiro mércores 17.