O artista Platis expón en Vilagarcía preto de 30 obras da súa mostra Raíces

VILAGARCIA> O artista vilagarcián Platis expón na súa vila a mostra Raíces. A exposición está composta por preto de 30 obras, na súa maioría esculturas. As pezas tratan sobre momentos que marcaron a súa vida, como a pandemia ou as súas orixes da súa familia mariscadora en Vilaxoán.

O artista Juan Carlos Platis regresa a súa vila para expoñer a súa obra Raíces. Unha mostra composta por preto de 30 pezas nas que recolle momentos e situacións que marcaron a súa vida. Divida en varias partes, unha delas está composta por catro traballadoras do mar debido ás raíces marisqueiras da familia do artista.

Xunto as mariscadoras tamén pode observarse unha muller maltratada, unha escultura para rexeitar a violencia de xénero. Outras situacións da actualidade están representadas con esculturas totalmente brancas. Unha delas mostra a dureza da guerra de Ucraína, as outras seis sinalan diferentes consecuencias ou situacións da covid: Como unha homenaxe aos que faleceron ou o vivir na corda frouxa constantemente.

O obra tamén conta con outras dúas pezas que representan a persoas de grupos sociais máis vulnerables. Elas son Arturo o indixente e Moncho unha persoa maior en cadeira de rodas. O realismo destas dúas esculturas fai que moita xente os confunda con persoas reais.

Outra das partes da exposición mostra un cadro abstracto observado por 6 bustos, esta peza reflexa a etapa de creación de obras abstractas de Platis. A última das partes é a máis recoñecible: 5 grandes bustos dos grandes escritores da nosa terra. Un deles, Valle Inclán, está situado na entrada do supermercado, dando a benvida a exposición que se pode visitar no Centro Comercial Arousa ata o 3 setembro.