POBRA> O equipo de goberno anunciaba esta mañá a actuación que permitirá poñer solución ós graves problemas de filtracións q, razón polo que a instalación leva pechada dende hai tempo.
O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a edil de Deportes, Genoveva Hermo, achegáronse esta mañá ata o pavillón de Venecia para anunciar alí o inicio das obras de reforma que se executarán no polideportivo.
A actuación cinguirase exclusivamente á cuberta do edificio, para a que se destinará unha partida duns 228 mil euros. O avanzado estado de deterioro que presentaba esta estrutura foi unha das razóns que provocou o seu peche hai máis de dous anos.
Queda pendente unha segunda actuación que o executivo prevé poder desenvolver nos vindeiros meses, unha vez rematada esta primeira reforma.
O prazo de execución destes traballos é de cinco meses.