O alumnado do obradoiro de soldadura da Mancomunidade, a piques de comezar a súa formación práctica

CAMBADOS> O alumnado do primeiro obradoiro de soldadura da Mancomunidade do Salnés está a piques de comeza-la súa formación práctica. Esta mañá, as empresas que participan no programa asinaron un convenio co organismo comarcal para acoller aos mozos e mozas durante uns quince días.

En total, no curso están a participar 18 alumnos, dos que 6 son mulleres. Para as empresas, trátase dunha oportunidade única para formar a profesionais especializados nun sector con alta demanda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí