A Mancomunidade do Salnés presenta o novo spot da Variante Espiritual

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés presenta o Spot promocional da Variante Espiritual. O organismo comarcal agarda con esta peza audiovisual atraer a máis peregrinos a realizar a ruta xacobea que emula a última viaxe dos restos do Apóstolo. O alumnado do obradoiro de promoción turística do Salnés son os que se están encargando de dar a coñecer a Variante.

Un dos produtos estrela da Mancomunidade do Salnés son as súas rutas xacobeas. Para conseguir que máis peregrinos se decanten por estes camiños, o organismo comarcal realiza diferentes iniciativas para poñelos en valor e dalos a coñecer. Con este obxectivo a Mancomunidade presente o novo spot da Variante Espiritual.

Pero este spot, que estará dispoñible nas redes sociais e en diferentes albergues do camiño portugués, tamén busca atraer a aqueles peregrinos que xa comezaron a súa viaxe.

Son os alumnos do obradoiro de promoción turística da mancomunidade do Salnés os que se están encargar da promoción da ruta. Desprazándose a Portugal para repartir máis de 1500 trípticos da ruta entre as oficinas de turismo e os albergues.

Neses puntos aos que se desprazan, os alumnos non só deixan información da Variante Espiritual, se non que comparten a información da ruta con outros peregrinos para que continúen promocionándoa con outros camiñantes.

O spot está realizado en catro idiomas: Galego, castelán, inglés e portugués. A mancomunidade agarda, que coa celebración do ano Xacobeo, moitos peregrinos opten por percorrer os camiños do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí