A ILLA> A Asociación Galega de Axuda aos enfermos con Alzheimer comeza na Illa de Arousa o camiño de Santiago. Un pequeno grupo de usuarios de Agadea subiuse esta mañá a un galeón para facer un pequeno percorrido polas augas da ría de Arousa. Estas actividades permiten aos usuarios saír do centro e normalizar a enfermidade.
A Asociación Galega de Axuda aos enfermos de Alzheimer comezou na Illa de Arousa o seu particular camiño de Santiago. Partindo cada día dunha vila, os usuarios do centro e o persoal farán nas vilas un tramo do camiño. Dende a Illa, este luns un pequeno grupo de usuarios subiuse a un galeón para facer un traxecto polo mar de Arousa.
Dende a Agadea ven nestas actividades no exterior unha oportunidade para poder normalizar a enfermidade.
Nesta primeira xornada, Agadea contou co apoio do concello da Illa de Arousa. Dende o goberno local destaca a oportunidade que supón para os usuarios poder realizar estas actividades.
A viaxe continuará mañá dende Catoira para chegar finalmente a vindeira semana a Santiago. Na capital de Galicia os usuarios e os seus familiares serán recibidos cun acto de benvida.