Comeza a limpeza de grafitis en monumentos de Cambados

CAMBADOS> Comezaron en Cambados os traballos de limpeza de grafitis en monumentos protexidos. Estes días estase actuando no lavadoiro de Fefiñáns e, en breve, precederase tamén á limpeza das pintadas no Muíño da Seca. Estes traballos, nos que hai que empregar distintas técnicas, supoñen un gasto de 10.000 euros. Non Concello lembran que atentar contra este tipo de patrimonio é un delito, que pode supoñer ata penas de cárcere. Pídenlle aos grafiteiros que soliciten espazos para poder plasma-la súa arte urbana.

Cambados comezou a limpa-las pintadas que os grafiteiros deixan espalladas polo seu patrimonio. Estes días estase a limpa-lo lavadoiro de Fefiñáns. A continuación, actuarase no Muíño da Seca, un Ben de Interese Cultural. Uns traballos laboriosos que se van prolongar durante semanas. Especialmente complicada é a limpeza do muíño.

Para a limpeza destas pintadas, botarase man do láser e doutras técnicas de restauración. Uns traballos delicados nos que, por riba de todo, búscase preserva-la integridade do monumento.

Estas limpezas supoñen un gasto de 10.000 euros, que o concello financia coa axuda da Deputación. No goberno local lembran, ademais, que atentar contra este tipo de bens patrimoniais é un delito, que pode supoñer ata penas de cadea.

E ofrecen espazos dentro do municipio para que quen queira poda expresarse, con todas as da lei, sobre un muro ou unha parede.

E apuntan que o importante é que ataques como estes non se volvan repetir, polo que inciden na importancia de concienciar a todo o mundo que o patrimonio é unha riqueza de todos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí