Os comerciantes da zona da praza de Asorei de Cambados, en pé de guerra contra a peonalización

CAMBADOS> Os comerciantes da contorna da praza de Asorei, en Cambados, unen forzas para esixir ao Concello que reabran a zona ao tráfico. Os vendedores din que o peche está a afectar as vendas nos seus negocios. Critican que o peche se fixo sen contar con eles e sen ningún tipo de planificación. Logo de recoller 700 sinaturas e propoñerlle ao goberno local unha ducia de medidas, lamentan que o concelleiro responsable do peche, Jose Ramón Abal, non sente falar con eles.

Que se reabra ao tráfico xa a praza de Asorei de Cambados. Esa é a petición tallante que fan os comerciantes da zona, que aseguran que dende que os coches xa non circulan por aquí as súas vendas está n a caer.

Refírese ao concelleiro de Obras e Seguridade Cidadá, Jose Ramón Abal, impulsor desta peonalización.

Ademais desas 700 sinaturas, din que teñen 13 propostas para facer planificar con xeito a peonalización da zona. Din que se fixo ás bravas e que as medidas tomadas non son correctas.

Tamén se queixan da eliminación de prazas de estacionamento e do cambio das zonas de carga e descarga. Os repartidores, tamén molestos.

Os comerciantes reclaman que se dea cumprimento á moción do PP para reabrir a vía, que foi aprobada no último Pleno, porque o grupo de goberno estaba en minoría logo de que os concelleiros do BNG abandonasen a sesión.

Din que agora queren que volva o tráfico e logo sentar falar.

E de cara ao futuro…

E conclúen que este vai ser un Nadal moi complicado para eles porque ao peche hai que sumar tamén o traslado da Aldea de Nadal de Fefiñáns á praza do Concello, o que resta a esta zona afluencia de público.