Cambados remata os asfaltados en Sete Pías e anuncia a renovación da iluminación de todo o polígono

CAMBADOS> Cambados continúa coa posta a punto do polígono de Sete Pías. O concello ten en marcha nestes momentos unha nova fase de asfaltados, en concreto, en tres das súas rúas. Son as últimas das princiapais vías que quedaban por renovar. A intención do goberno local é seguir avanzando na renovación desta zona empresarial. Sobre a mesa, a remuda de todo o alumeado por farois LED e a mellora da rede de abastecemento de auga.

Cambados ten en marcha nestes momentos a terceira fase do plan de melloras do polígono de Sete Pías. A actuación céntrase na renovación da pavimentación de tres rúas: Concepción Arenal, María Solinha e María Castaña.

Nesta terceira fase do plan, vanse asfaltar uns 10.000 metros cadrados de rúas. O investimento rolda os 110.000 euros, financiados a través da Xunta e do Plan Concellos da Deputación.

Con tódalas vías do polígono xa asfaltadas, sobre a mesa o concello ten agora a remuda de todo o alumeado de Sete Pías.

Tamén se está a estuda-la mellora da rede de abastecemento de auga en todo o polígono, así como o asfaltado dunha rúa secundaria que, polo seu tránsito máis reducido, o concello non considera urxente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí