BOIRO> Dende a ABE sinalan que son dúas as medidas concretas que, ó seu xuízo, o Concello pode poñer en marcha, e desta forma axudar a mitigar os efectos adversos que están a padecer as empresas da localidade derivados da situación de inestabilidade nos mercados.
A primeira delas sería a exención do pago da taxa municipal pola instalación de terrazas para o sector hostaleiro para o ano 2023.
Por outra banda a outra das medidas gardaría relación co posta en marcha dunha campaña de fomento das compras coa emisión de bonos para utilizar nos sectores de comercio e hostalería.
Dende a ABE din estar abertos a analizar e levar a cabo tamén outras accións de promoción empresarial que se poidan poñer en marcha dende o Concello, coa finalidade de mellorar os sectores produtivos locais.