Boiro continúa co plan de mellora das zonas rurais

BOIRO> O concello de Boiro está a desenvolver diversas obras no lugar de Brión, na parroquia de Abanqueiro, que teñen coma principal finalidade a renovación de pavimentos e a mellora das redes de pluviais e saneamento. A actuación conta cun orzamento de preto dos 53 mil euros, financiados con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

O alcalde, José Ramón Romero, e o edil de Obras, Luís Ruiz, visitaron o lugar de Brión onde se realizan diversas obras de renovación de pavimentos e a mellora das redes de pluviais e saneamento. A actuación conta cun orzamento de preto dos 53 mil euros, financiados con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

A actuación enmárcase no plan deseñado polo Concello de mellora dos núcleos rurais do municipio.

O prazo de execución das obras é de dous meses, aínda que dende o Concello confían en que poidan rematarse antes, coa chegada do bo tempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí