Ruíz ábrese a modificar a reforma da rúa Castelao sempre que se garanta a accesibilidade

RIBEIRA> O concello de Ribeira está disposto a introducir modificiacións no proxecto de reforma da rúa Castelao, en Aguiño. Os cambios introducidos, a proposta da veciñanza, deberán respectar o principio de accesibilidade priorizando o paso peonil fronte ó tráfico rodado.

No transcurso da xuntanza mantida cos veciños da parroquia de Aguiño, o alcalde de Ribeira amosou a súa disposición a modificar o proxecto que se está a executar na rúa Castelao introducindo algunhas das demandas propostas pola veciñanza.

O único requisito é que as melloras introducidas respecten o contido do Plan de Mobilidade Urbana Sostuble de Ribeira que establece que cando os anchos da vía non permitan a dobre dirección, o aparcamento e unhas beirarrúas accesibles, a priorid+ade será sempre a accesibilidade nas mesmas.

Neste caso, dado que o ancho entre casas non dá para manter a dobre dirección xunto co carril bici, aparcamentos e beirarrúas accesibles, o concello prioriza o acceso ás vivendas dos veciños. A partir de aí, estudaranse melloras no traxecto do carril bici ou nas paradas de autobús.

Dende o executivo lembran que este proxecto, orzamentado en case un millón de euros, non se reduce a dotar de dirección única á rúa Castelao senón que implementa outras melloras como a recollida de pluviais, a creación dun miradoiro na zona da Tasca, a remodelación da entrada ó porto e a creación dunha pista de pumptrack.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí