Catrocentos expertos debaten en Pontevedra sobre as cidades do futuro: comeza a Placemaking Week Europe

PONTEVEDRA> Arranca en Pontevedra a Placemaking Week Europe. Durante catro días, pola cidade pasarán máis de 400 profesionais de 41 países para participar neste encontro, o máis grande de Europa sobre desenvolvemento urbano e do espazo público. A cita comezou esta tarde cun percorrido histórico da transformación urbana lograda en Pontevedra, da man do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

Cun percorrido histórico pola transformación urbana feita en Pontevedra. Así se estreou esta tarde a cidade como sede da Placemaking Week Europe.

Foi nun Teatro Principal ateigado de xente. Dende hoxe e ata o venres, máis de 400 profesionais de 41 países de todo o mundo participarán nesta cita. O encontro máis grande de Europa sobre desenvolvemento urbano e transformación do espazo público.

O programa recolle máis dun cento de actividades, con obradoiros, paneis, visitas, exposición e conferencias maxistrais, contando con máis de 70 relatores de distintos países. Ademais, parte do tempo dedicarase a traballar con retos locais da cidade de Pontevedra.

Deste xeito, Pontevedra recolle a testemuña doutras grandes cidades europeas, como Ámsterdam, Estocolmo ou Valencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí