Arranca a XXIII Mostra de Curtas de Noia

NOIA> O edil de Cultura debullou esta mañá o programa da Mostra de Curtas que hoxe comeza e que se prolongará ata o vindeiro 22 de outubro.

O arranque, como é tradición, porao a sección ‘Curta Cativa’, dirixida ós escolares dos centros educativos do municipio, na que se proxectarán tódolos días varias sesións de cine familiar no salón de actos da Sociedade Liceo.

Unha das novidades desta edición terá lugar mañá martes, ás oito e media, no Teatro Coliseo Noela, coa homenaxe a Pedro Brandariz, un actor moi vinculado á Mostra.

Un dos días máis agardados será o da propia Gala, que terá lugar o domingo 22, na que se coñecerán os premiados desta edición.

Ó Certame presentáronse máis de mil traballos, chegados dende uns 50 países, das cales o xurado preseleccionou un total de 65 que serán as que opten ós premios.

Un día antes celebrarase a premier de dous documentais: ‘El Sexilio’ de Edu Casanova e ‘Volver’ de Borja Larrondo e Diégo Sánchez.

Dende a organización pediron tamén un maior respaldo das Administracións, especialmente a Autonómica, ó tratarse dun dos festivais de curtas máis recoñecidos de todo o ámbito nacional, incluíndo a marca de festival cualificador para os Premios Goya.

A programación da Mostra poderá consultarse na propia web da concellería de Cultura ou a través das súas redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí