O emisario submarino da ría de Pontevedra conectarase coa EDAR dos praceres a comezos do 2023

PONTEVEDRA> O emisario submarino da ría de Pontevedra conectarase á depuradora dos Praceres a comezos do 2023. Segundo a Xunta, a obra rematarase neste mes de outubro. Está executada xa ao 90%. Só quedan por instalar os derradeiros tres treitos da parte mergullada.

Avanzan a bo ritmo os traballos de construción do que será o emisario submarino máis grande de Galicia, con máis de tres quilómetros e medio de lonxitude. A parte de terra xa está case rematada, mentres que a zona mergullada rolda xa o 90% de execución. Dos nove treitos, os operarios traballan nestes intres xa no sétimo.

Esta mañá, a conselleira de Infraestruturas xunto coa do Mar, comprobaron como se desenvolven eses traballos no medio da ría de Pontevedra. Os traballos do emisario estarán rematados neste mesmo mes, coa previsión de que se podia enganchar á EDAR dos Praceres nos primeiros meses do ano vindeiro.

As obras do emisario submarino supuxeron a ocupación da explanada da Canteira, no porto de Combarro en pleno verán. A Xunta recoñece as molestias causas pero entende que foi a mellor opción para acopia-lo material da obra.

Tralo remate do emisario, seguen pendentes outras actuacións para a mellora do saneamento da ría. As mariscadoras poñen o foco no bombeo de Cocheras en Pontevedra.

Unha demanda que da que a Xunta toma nota. Apuntan que nos orzamentos do goberno galego para 2023 xa se vai destinar unha partida para ese proxecto, así como obras de sanemanto na Seca e Campelo, no concello de Poio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí