Cáritas fai un chamamento á doazón de alimentos ante o aumento de familias necesitadas

VILAGARCIA> Cáritas interparroquial Arousa fai un chamamento á doazón de alimentos debido o aumento de familias que pasarán necesidades este nadal. Dende a ONG consideran que o aumento de persoas en situación de escaseza é consecuencia da situación económica que atravesamos. Dentro do seu programa de actividades presentan dúas accións: unha charla co párroco da Cañada Real e unha conferencia con mozas referentes dentro do pobo xitano.

Os problemas económico que atravesa o país coa subida dos prezos en moitos produtos pasa factura a toda a veciñanza, pero deixa en situación crítica e preocupante ás familias con menos recursos. Esta situación provoca que cada vez máis persoas necesiten da solidariedade. Por iso dende Cáritas Interparroquial Arousa fan un chamamento á veciñanza ante a necesidade da doazón de alimentos, especialmente en vistas á campaña de nadal.

Con Cáritas colaboran colexios, asociacións e empresas pero as súas doazóns non son diferentes. Outras necesidades que detectan dende a ONG son roupa de inverno e aparellos electrónicos, debido á fenda dixital que cada vez pon en máis dificultades ás persoas con menos recursos. Para concienciar sobre a importancia de axudar aos máis necesitados, Cáritas presenta as actividades que vai realizar nas próximas datas. O primeiro é un coloquio con mozas referentes dentro do pobo xitano.

A segunda é unha charla con párroco da Cañada Real para

Neste novo curso que empeza, Cáritas reforzou as actividades dos seus servizos sociais e contratou unha psicóloga que realiza dúas tarefas fundamentais: formación para o emprego e atención psicolóxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí