Nova concentración esixindo a readmisión da traballadora do Hospital do Salnés despedida tras unha baixa

VILAGARCÍA> Nova concentración no Hospital do Salnés esixindo a readmisión da traballadora da cafetería despedida pouco despois de reincoporarse tras unha baixa por cancro. Ducias de compañeiros arrouparon hoxe a Teresa López que, considera, o que lle pasou a ela pódelle ocorrer a calquera. Os sinsicatos anuncian novas mobilizacións ata que esta empregada recupere o seu posto.

Ducias de compañeiros arrouparon esta mañá, de novo, a Teresa López, traballadora da cafetería do Hospital do Salnés despedida pouco despois de reincorporarse tras unha baixa por cancro. Hoxe, ela, agradecía o apoio que está a recibir. Porque, di, o que lle fixeron a ela pódenllo facer a calquera outro empregado.

Os sindicatos, pola súa banda, continúan presionando para que Tere sexa readmitida. Denuncian tamén que o Sergas mira para outro lado ante este caso, alegando que se trata dunha traballadora dunha empresa privada que presta o servizo. Ademais, insisten en que a situación na cociña do Hospital segue a ser moi precaria, cun recorte de persoal en todas as quendas.

A Xunta de Persoal do Hospital vai seguir insistindo en tódalas reunións coa xerencia que a cociña non funciona ben e que sobra persoal. Advirten tamén de novas concentracións de apoio a Tere ata que, din, se faga xustiza e sexa readmitida no seu posto de traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí