VILAGARCIA> As consecuencias das choivas tamén as sofren 9 nenos e nenas de Sobradelo, en Vilagarcía. O bus escolar os colle e os deixa nunha estrada que non ten marquesiñas, o que provoca que os escolares non teñan onde resgardarse e acaben completamente empapados. A veciñanza da zona pide ao concello que lles instale unha marquesiña e que mellore as canalizacións da rúa Bouciña de Arriba.
As imaxes que están a ver, é o que sofren 9 nenos e nenas da Rúa Bouciña de Arriba cada vez que chove. Os pequenos teñen que agardar o bus que os leva á escola do Piñeiriño nunha zona na que non dispoñen de marquesiñas. Os nenos chegan á escola totalmente mollados.
Os veciños da zona están fartos de que os seus fillos cheguen a escola empapados e levan máis dun ano reclamando ao concello que instale unha marquesiña na zona.
Outra das súas reivindicacións é que se canalicen as augas que baixan pola rúa Bouciña de Arriba.
A veciñanza pide ao concello que responda aos seus escritos e que comprobe que hai espazo de abondo para instalar a marquesiña. Advirten que se conformarían coas vellas marqueiñas retiradas doutras zonas como da contorna de Fexdega.