Cinco expertos de EEUU e Canada visitan as adegas da D.O. Rías Baixas para coñecer os seus viños

MEIS> Cinco expertos prescritores vitivinícolas internacionais visitan a Denominación De Orixe Rías Baixas para coñecer máis sobre os viños galegos. Os expertos estarán toda a semana percorrendo diferentes viñedos da DO. Para as adegas é unha gran oportunidade para aumentar as vendas dos seus viños en Estados Unidos e Canada.

Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas continúan conquistado mercados internacionais. Pero este éxito non é só froito da gran calidade dos viños galegos, se non tamén do traballo de promoción que se fai dende a DO. Unha das iniciativas consiste en invitar a expertos internacionais a que coñezan as adegas das Rías Baixas. Esta semana son cinco prescritores de Estados Unidos e Canada os que están visitando as diferentes subzonas.

Precisamente, Estados Unidos e Canada son un dos países ao que vai destinada gran parte das exportación. De aí que esta visita cobre gran importancia.

Os propios prescritores destacaron a gran calidade dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Os prescritores tamén afirmaron estar encantados coas paisaxes das Rías Baixas así como a cultura do viño que existe nesta zona. Dende a DO continuarán contando con máis visitas de expertos doutros países para aumentar as vendas internacionais dos seus viños.