La Guardia ou Los Limones no festival co que Vilanova regresa este verán aos 80

VILANOVA> Vilanova volve aos 80. O municipio prepárase para O Son de Vilanova Fest. O evento vaise celebrar o 12 de xullo, cunha ampla escolma musical dos anos 80. La Guardia é o cabeza de cartel dun festival no que tamén participarán Los Limones, La Década Prodigiosa ou Zapato Veloz.

Volven os anos 80 a Vilanova de Arousa. O municipio prepárase para acoller o 12 de xullo O Son de Vilanova Fest, unha festa dos 80 que traerá ata o municipio algúns dos grandes referentes daquel momento. Logo da boa acollida da primeira edición o ano pasado, o festival reforza o seu cartel, con la Guardia e Los Limones como o grandes reclamos deste 2025.

Completan o cartel outras proposta outras tres bandas.

O festival vaise celebrar no pazo de Vista Real dende as 8 do serán. O alcalde do concello de Vilanova, que colabora coa organización, recomenda a veciños e visitantes non perder esta cita.

Tamén colabora a Deputación de Pontevedra, que anima aos organizadores a darlle longa continuidade ao proxecto.

A proposta complétase con varias opcións gastronómicas, con polbo, churrasco e food trucks. As entradas teñen un prezo de 20 euros.