Román Rodríguez sobre o colexio de Carril: ‘O importante é que o problema se arranxe, sexa culpa do Concello ou da Xunta’

VILAGARCÍA> No centro educativo de Carril, continúa a polémica polo estado no que se atopa a antiga casa do conserxe. O Concello di que a ten que arranxa-la Xunta, porque o inmoble sufre problemas de tipo estrutural.

O Goberno galego, pola contra, di que é cousa de Ravella. Segundo din, o seu mal estado débese a falta de mantemento por parte do concello. Con todo, esta mañá o Conselleiro de Educación quitáballe ferro ao asunto, apuntando que sempre que se detecta unha deficiencia nalgún centro educativo, acábase corrixindo.