O BNG urxe medidas para evitar o arrastre das cinzas á ría de Arousa

A POBRA> O BNG do Barbanza esixe a adopción de medidas para evitar danos na ría ante o arrastre de cinzas. Solicitan á Xunta que faga unha avaliación das consecuencias e habilite unha liña de axudas no caso de que haxa bancos marisqueiros afectados.

O BNG urxe á Xunta a tomar medidas para evitar que as cinzas e a terra queimada tralo grande incendio forestal acontecido a principios de agosto na Serra do Barbanza cheguen ó mar. Con este fin, presentará unha serie de iniciativas no Parlamento.

Os nacionalistas poñen en dúbida a eficacia das medidas adoptadas por Medio Rural oposto que coas chuvias destes días as cinzas xa chegaron a varios regatos ou ríos como o Pedras. Por esta razón piden á Xunta que informe das medidas tomadas ata o momento e que analice as consecuencias do arrastre das cinzas ata a ría por se resultara afectado algún banco marisqueiro.

Por último, demandan ó goberno autonómico que inicie un diálogo coas comunidades de montes para a recuperación da superficie queimada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí