A estrutura do Gran Montecelo xa está ao 60% da súa execución e as obras están ‘a pleno rendemento’

PONTEVEDRA> As obras do Gran Montecelo avanzan cumprindo os prazos previstos. A estrutura de formigón está executada xa nun 60%, co groso dos traballos concentrados actualmente na torre de hospitalización. Hoxe a Conselleira de Infraestruturas visitou a obra e anunciou que nos orzamentos para o ano 2023 a Xunta reserva case 64 millóns de euros para impulsar os traballos.

As obras do Gran Montecelo avanzan a bo ritmo e fano, ademais, cumprindo os prazos establecidos. Así o asegurou esta tarde a Conselleira de Infraestruturas na súa visita aos traballos.

Precisamente, na actualidade o groso dos traballos céntrase na torre de hospitalización en forma de Z. A previsión é rematala antes de final de ano.

De cara ao vindeiro ano, Vázquez destacou a partida que a Xunta reserva nos orzamentos do 2023 para estas obras do Gran Montecelo. Contía que rolda os 64 millóns de euros.

En total, o proxecto do Gran Montecelo supón a mobilización de 134 millóns de euros e dende a Xunta aseguran que a súa execución leva aparellados 2.600 postos de traballo. A previsión é que se cumpran os prazos, e que o novo equipamento estea rematado a finais do 2023 ou principios do 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí